Nivardo

Nivardo
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe xermánica, que chegou a través do latín medieval Nivardus ‘diferente’, ‘valeroso’, composto de nivja ‘novo’, ‘diferente’ e hardhu ‘forte’, ‘valeroso’. No santoral aparece dúas veces este nome: san Nivardo (s VII), arcebispo de Reims, e o beato Nivardo (s XII), compañeiro de san Bernaldo de Claraval. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.

Palabras veciñas

Nitzschia | nivación | nival | Nivardo | Nivardo, san | Niveiro | nivel