nō*

nō*
s m [LIT]

Xénero teatral xaponés. É un drama lírico que data a súa orixe na época de Muromachi, e que adoptou a forma actual no s XIV. A súa base é a mímica e o soporte argumental e os decorados son mínimos. Os seus temas adoitan ser guerreiros ou fantásticos, e os actores son todos masculinos. O coro, con acompañamento dalgúns instrumentos musicais e coa adición de danzas, ten unha importancia primordial. Consérvanse máis de duascentas pezas (ss XIV e XV), e os seus actores máis destacados foron Kanami (1333-1384) e Zeami Motokiyo (1363-1443).

Palabras veciñas

| NO | No Iglesias, Xoán | nō* | No-Do | Noa | NOAA