Nobel, Premio

Nobel, Premio

Premio instituído por Alfred B. Nobel no seu testamento e que se lles concede, desde 1901, a figuras destacadas no campo da física, a química, a fisioloxía e a medicina, a economía e a literatura, así como a persoas ou institucións que traballasen na procura da paz. Os premios de física, química e economía concédeos a Academia Sueca de Ciencias, o de literatura a Academia Sueca de Literatura, o de medicina o Instituto Karolinska de Estocolmo e o da paz o Storting ou Parlamento noruegués.

Palabras veciñas

Nobas | Nobas i Ballbé, Rossend | Nobel, Alfred Bernhard | Nobel, Premio | nobelio | nobelo | Nobeoka