nocturno -na
(< lat nocturnu)
-
adx
-
Relativo ou pertencente á noite.
-
Que se produce ou ten lugar durante a noite.
Ex: As saídas nocturnas son moito máis frecuentes no verán.
-
Que desenvolve a súa actividade durante a noite.
Ex: Coñeceuno nun local nocturno.
-
[ZOOL]
Aplícase ao animal que desenvolve toda ou case toda a súa actividade durante a noite. Algúns animais, como os desérticos, son nocturnos a causa da dureza das condicións de temperatura que se acadan durante o día; outros, como os pequenos mamíferos herbívoros, sono co fin de evitar o ataque dos depredadores; noutros casos, como no dos paxaros e os mamíferos carnívoros nocturnos, sono porque durante a noite cazan presas tamén nocturnas. Co fin de poder desenvolver a súa actividade durante a noite, os animais nocturnos, tanto os depredadores como as presas, adoitan ser de movementos silenciosos e van provistos de estruturas axeitadas, como as plumas dos paxaros nocturnos ou as poutas retráctiles dos gatos. As cores son escuras, para non seren tan visibles, e teñen os sentidos diversamente adaptados, segundo os grupos. Moitos animais acuáticos tamén son nocturnos.
-
[BOT]
Aplícase ás flores que están abertas durante a noite e se pechan cando sae o sol.
-
-
s
m
[RELIX]
Parte do oficio divino da noite, que consta basicamente de salmos e lecturas. O seu número oscila entre dous e tres, segundo os días e segundo o breviario romano ou o monástico.
-
s
m
[MÚS]
-
Composición musical introducida no s XVIII, escrita xeralmente para instrumentos de vento e que adoitaba interpretarse ao aire libre en serenata. Son célebres os que fixo F. J. Haydn para o rei de Nápoles, Fernando IV.
-
Composición vogal para unha ou dúas voces, xurdida no s XVIII.
-
Composición musical para piano, xurdida a finais do s XVIII, en que predomina a melodía ornamentada. Sobresaíron J. Field, Chopin e Fauré. A finais do s XIX apareceu o nocturno sinfónico, creación de Debussy.
-