Nodal, irmáns

Nodal, irmáns

Nome co que son coñecidos os irmáns pontevedreses Bertomeu García de Nodal (1575-1622) e Gonzalo García de Nodal (?-1621?). Navegantes, encargáronse do descubrimento do estreito de San Vicente e de averiguar a veracidade do descubrimento do estreito de Magallanes, preto de Tierra de Fuego, en 1618. Esta viaxe supuxo a apertura dunha nova vía cara a Filipinas.

Palabras veciñas

nodación | nodal | Nodal | Nodal, irmáns | Nodar | Nodar Martínez, Luis Miguel | Nodier, Charles