Noela
Noela
[ONOM]
Antropónimo de orixe toponímica. Algúns investigadores aseguran que se corresponde co nome medieval do actual concello de Noia. Aparece recollida a existencia dunha vila de nome Noega polos cronistas Mela e Plinio, e esta identifícase con Noia. Na Idade Media, a forma latina da vila derivou en Noela, denominación tamén recollida. Segundo a lenda, Noé fundou a vila de Noia aproveitando unha viaxe feita a Galicia para visitar os descendentes do seu terceiro fillo Iafet e do seu neto Túbal. Outras versións atribúen a fundación da vila a Noela ou Noega, esposa dun Noé nacido en Galicia, fillo de Gall e de Celt e neto de Brigo (o primeiro poboador de Galicia, que era bisneto do Noé bíblico). Presenta a variante Noega.