noite
(
-
s
f
[ASTRON]
Intervalo de tempo que transcorre entre a fin do crepúsculo vespertino e o comezo do crepúsculo matutino. A noite vese, na tradición mitolóxica e relixiosa de moitos pobos e culturas, baixo un aspecto benéfico, de repouso, e ao mesmo tempo baixo un aspecto maléfico, como propia dos espíritos malignos. Para moitas cosmogonías a noite e as tebras son a orixe de todas as cousas. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que cea e se vai deitar, mala noite quere pasar. Polo San Matías, igualan as noites e os días. Pola Santa Lucía tan longa é a noite como longo é o día. Non hai día sen noite nin noite sen día. De noite todos os gatos son pardos”.
Antónimos: día, día. -
s
f
Escuridade que vai desde o solpor ata o amencer.
-
s
f
Escuridade, tristeza ou confusión.
-
Boa(s) noite(s)
Fórmula que se emprega para saudar durante a noite ou cando alguén vai para a cama.
Frases feitas
-
Á noite/de noite/pola noite loc adv Durante a noite.
-
Andar/estar/quedar ás boas noites 1 Ser alguén despistado ou torpe no que está a facer.
-
Na noite dos tempos En tempos remotos.
-
2 Non entender aquilo do que está a falar.
-
Da noite para a mañá. De súpeto, de repente.
-
Facer noite nun sitio. Parar a durmir nun lugar.
-
Noite cerrada/fecha/fechada/pecha/pe-chada. Noite completamente escura, cando xa desapareceu totalmente a luz do día.
-
Noite e día loc adv Continuamente.
Refráns
- A noite fíxose para descansar e o día para traballar.
- A noite trae o consello.
- A noite, para andar, fai o camiño longo.
- Das nove ás dez deixa a noite para quen é.
- Desque se pon o sol, logo vén a noite.
- Deus fixo a noite para descansar e o día para traballar.
- Polas horas da noite anda a vida e anda a morte.
- Unha noite mala calquera a pasa.