non
(< lat non)
-
adv
-
Indica negación
Ex: Non quero que veñas. Non comeu ningún pastel
-
Equivale a unha oración negativa como resposta a unha pregunta.
Ex: -Vés ao cine? - Non.
-
-
adv
Indica un significado positivo seguido da preposición sen.
Ex: Acabou o traballo non sen axuda.
-
adv
Reforza unha afirmación, pero pode suprimirse sen que cambie o significado. É mellor levar unha chaqueta ca non un xersei. Cantas veces non me dixo o mesmo!
-
adv
Expresa dúbida ou estrañeza en frases interrogativas.
Ex: Non vas ir ao concerto?
-
adv
Pide confirmación ou negación.
Ex: Mañá tes o día libre, non?
-
adv
Introduce unha suxestión en frases interrogativas.
Ex: Non queres coller un pastel?
-
s
m
Negativa que se dá por algo.
Ex: Ante aquelas circunstancias o non foi rotundo.
Frases feitas
-
Estar de non. Estar de mal humor.
-
Non tal. Reforza unha negación.
-
Non xa loc adv Non soamente.
-
Non si? Verdade que é certo?