nonio
nonio
(< antropónimo Nonius, nomelatinizado de Pedro Nunes)
-
s
m
[METROL]
Dispositivo que permite efectuar medidas con precisión, que está superposto a unha escala graduada.
-
s
m
[METROL]
Instrumento para medir lonxitudes con precisión, que consta esencialmente dunha regra principal, graduada normalmente en milímetros, sobre a que se desliza o nonio propiamente dito, que ten unha lonxitude de 9 mm e está dividido en 10 partes. O número da orde da división do nonio que coincide cunha división da regra principal é o número de décimas de milímetro que o obxecto sobrepasa a división da regra principal. Numerosos aparatos de medida lévano incorporado. O nonio circular emprégase na medida de ángulos. OBS: Tamén se denomina vernier.