Norberto/Norberta

Norberto/Norberta
[ONOM]

Antropónimo que procede do nome persoal xermánico Nordobert, xa documentado no s VII. Como segundo elemento presenta o adxectivo berht, berhat ‘claro’, ‘ilustre’, pero o primeiro é de orixe incerta: uns ven neste primeiro compoñente a forma north ‘norte’, e outros a forma nori ou northa ‘forza’, de aí que o seu significado poida ser ‘home ilustre do Norte’ ou ‘ilustre pola súa forza’. A súa festividade celébrase o 6 de xuño.