Nordesía Producións SL
Nordesía Producións SL
Empresa de espectáculos con sede en Santiago de Compostela desde 1995. Naceu coa idea de achegar á cidade novos proxectos culturais, sobre todo musicais e teatrais (Dillei, 2003). Presta servizos de representación e asesoramento a artistas, como Berrogüetto ou X. M. Budiño, e dedícase á promoción da cultura en Galicia e en España, e en distintos países europeos, africanos e americanos. Recibiu o Premio Especial IDEAL en recoñecemento ao seu labor a prol da música e a cultura en Galicia.