Nórica
Nórica
Nome antigo da rexión montañosa situada entre o Danubio, ao N, e a Retia, ao O. Constituía unha das provincias da Xermania romana. Rica en minas de ferro e de ouro, habitárona poboacións célticas e Roma someteuna en 15 a C.