normativización

normativización

(

  1. s f

    Acción e efecto de normativizar.

  2. normativización lingüística [LING]

    Proceso de elaboración e uso correcto dunha gramática, ortografía e dicionario dunha lingua para acadar unha normalización lingüística. A normativización, ou planificación do corpus, forma parte, xunto coa normalización, do proceso de planificación dunha lingua. Trata de desenvolver unha variedade lingüística estándar que proporcione os medios necesarios para que poida servir para todas as funcións posibles dunha lingua nunha sociedade. A planificación do corpus actúa en tres niveis. O primeiro dota a lingua dunha norma escrita, os traballos realízanse no  campo de fonética, fonoloxía e da ortografía. A estandarización constitúe o segundo nivel de traballo e nel procúrase a creación dos rexistros necesarios para o seu uso en todas as funcións sociais. No último nivel, o da modernización, o traballo consiste en habilitar a lingua para ser empregada en novas formas do discurso. No caso do galego, a aprobación das Normas Ortográficas e morfolóxicas do idioma galego en 1982 supuxo a obtención dunha normativa oficial para o proceso de planificación.