norte

norte

(< fr nord < anglosaxónnorth)

  1. s m

    Punto cardinal que se atopa diante dun observador cando ten á dereita o oriente. OBS: Represéntase co símbolo N.

  2. s m

    Parte dunha rexión, territorio ou lugar que están situados cara ao norte.

  3. s m

    Vento que sopra desde o norte.

    Sinónimos: aquilón, nordesía.
  4. s m

    Ideal ou obxectivo ao que se tende.

    Ex: A súa parella converteuse no norte da súa vida.

  5. estrela do norte [ASTRON]

    estrela polar.

  6. norte magnético [XEOG]

    Dirección que marca o polo magnético terrestre do mesmo nome.

Frases feitas

  • Perder o norte. Perder a orientación, deixar de ver claro o que hai que facer.

Palabras veciñas

Norrköping | Norrland | nortada | norte | Norte | Norte | Norte