Noso Afán, O
Noso Afán, O
[PUBLIC]
Revista publicada en Bilbao a partir de 1977. Subtitulada “Órgano informativo da Casa de Galicia en Bilbao ao coidado do departamento de Cultura”, estivo editada por esta sociedade de emigrantes. Incluíu información sobre o labor da Casa de Galicia e a súa vida interna, noticias de actualidade e sobre publicacións galegas, contos e poesías. Esta revista tivo relación coas publicacións Cultura, O Curruncho, O Currunchiño, Follas Novas e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.