notación

notación

(

  1. s f

    Maneira de notar ou de representar algunha cousa cun sistema de sinais ou de caracteres.

  2. s f [MAT]

    Conxunto de símbolos que se utiliza para representar os entes e as operacións matemáticas. A resolución dos problemas matemáticos é moito máis simple se se emprega unha notación axeitada. O sistema de numeración decimal actual utiliza a denominada notación posicional ou de posición, que consiste no feito de que o valor de cada símbolo non é determinado só pola súa forma senón tamén pola posición que ocupa respecto aos outros símbolos.

  3. s f [MÚS]

    Sistema de escritura musical que mediante signos convencionais axuda a precisar a altura absoluta ou relativa dos sons, a súa duración e a duración dos silencios. Na civilización occidental a primeira notación é da Grecia antiga, que mediante 15 letras servía indistintamente para a música vogal e instrumental. Guido d’Arezzo (990-1050), estableceu a escala 4 2 nos países anglófonos e xermanófonos e nas súas áreas de influencia. Cara ao s X apareceu a notación pneumática. Progresivamente, os pneumas fixáronse arredor dunha liña, á que se engadiron outras paralelas ata chegar a cinco (pentagrama). Os pneumas evolucionaron e os puntos fixéronse cadrados, pero a notación cadrada era moi pobre en signos rítmicos e axiña apareceu a notación proporcional ou medida, baseada nos modelos rítmicos. Cara á fin do s XVI apareceu a barra de compás e continuou a evolución da notación musical, que durou ata hoxe, cando se propuxeron outros sistemas.

Palabras veciñas

notacántido -da | notacantiforme | notacanto | notación | notae iuris* | notar | notaría