Notonecta

Notonecta
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de heterópteros, da familia dos noctonéctidos, de cor amarela escura, coa cabeza relativamente grosa, que presentan un aparato bucal picador moi forte, as patas longas e coas posteriores adaptadas á natación, e con hemélitros que cobren totalmente o abdome. Viven en augas doces e nadan sobre o dorso.