Nova Galicia

Nova Galicia
[PUBLIC]

Revista que se publicou en Bagnolet, preto de París, a partir de outubro de 1966. Subtitulada “Revista de cultura y política” e “Revista cultural e política”, funcionou como órgano de expresión do Partido Comunista de Galicia. Como directores da publicación figuraron Isaac François e M. Albert Coninck, nomes fiticios de Santiago Álvarez. Recolleu numerosas colaboracións de escritores galegos aínda que todos eles baixo pseudónimo, como Alonso Montero, Francisco Añón, Neira Vilas ou Celso E. Ferreiro. A súa distribución efectuouse en España, en Francia, en Bélxica, en Suíza, na República Federal Alemana, en Inglaterra, na URSS e en diversos países americanos. Legalizado o partido, a editorial Akal editou a revista como publicación da organización política, cun primeiro volume que saíu en 1977.