Novais, castelo dos

Novais, castelo dos

Construción situada en Quiroga. Do antigo castelo consérvase unha torre de base cadrada e parte da primitiva edificación como son os muros, fosos e defensas, ventás e portas. Foi habitado nos ss XVI e XVII polos comendadores da orde de San Xoán de Xerusalén. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

novaciano -na | novación | Novaes | Novais, castelo dos | Novák, Karel | Novak, Kim | Novak, Marilyn Pauline