Novelas ejemplares
Novelas ejemplares
[LIT]
Conxunto de narracións de Miguel de Cervantes. Publicadas en 1613, foron unha auténtica revolución dentro do xénero, xa que era a primeira vez que se utilizaba o relato curto para a elaboración dunha obra. Influenciado pola novella italiana, na obra aparecen unha gran variedade de temas e ambientes, se ben a sátira e o realismo son un fío de unión entre todas as historias. Están compostas por doce relatos, dos que destacan La gitanilla, Rinconete y Cortadillo, El licenciado Vidriera, El coloquio de los perros e La ilustre fregona.