Novellino
Novellino
[LIT]
Documento anónimo italiano da prosa popular do s XIII, coñecido tamén como Libro del bel parlar gentile ou Cento novelle antiche. De orixe florentina, segundo parece pola topografía, e de ambiente burgués, consta de cen contos escritos entre 1281 e 1300 por un autor de cultura media. A súa finalidade non é ético-relixiosa, e máis ben está concibido como un manual de uso. Conservado en oito códices, o máis utilizado é o de Boloña, que foi editado por Gualteruzzi en 1525.