novembro
novembro
(< lat novembre)
s
m
Undécimo mes do ano de 30 días, que inician as festas de Todos os Santos e dos Defuntos. No antigo calendario romano era o noveno dos meses, do que lle provén o nome, aínda que tamén se chama mes de Santos, das Ánimas, das Almas e de san Martiño. Os refráns referentes a novembro aluden á sementeira e ás choivas que lle fan boa sazón.
Refráns
- Antes de san Martiño pan e viño, despois de san Martiño fame e frío.
- Ata san Martiño aínda pinga o ramalliño; despois do san Martiño, fame e frío.
- Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame.
- De Santos a Navidade é inverno de verdade.
- Dende Santos a Nadal é inverno natural.
- Dende Santos a Nadal, inverno caroal.
- Despois de san Martiño deixa a auga e bebe o viño.
- Entre Santos e Nadal fai inverno camal.
- Horta de san Martiño mantén o seu dono e o seu veciño.
- No san Martiño remonta cada día un ferradiño.
- Ó chegar o san Martiño mátase o porco e próbase o viño.
- Polo mes de Santos xa baixa a neve aos campos.
- Polo san Andrés neve nos pés.
- Polo san Martiño andan as noces a roliño.
- Polo san Martiño di o inverno: ¡Alá vou eu!.
- Polo san Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño.
- Polo san Martiño todo o mosto é viño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
- Por san Martiño non plantes fabas nio liño.
- Por san Martiño xa se coñece o bo viño.
- Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
- San Martiño sempre quere o seu granciño, anque sexa pequeniño.
- Santos e Nadal, inverno caroal.
- ¡Bendito mes que empeza con Santos e acaba con san Andrés!
- ¡Bendito mes que empeza con Santos, media con san Uxío, e remata con san Andrés!
- ¡Vaites co mes, que empeza con Santos e acaba con san Andrés!