nuclear

nuclear

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao núcleo.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao núcleo dos átomos.

    2. física nuclear [FÍS]

      Parte da física que estuda as propiedades e as reaccións que ocorren nos núcleos atómicos.

    3. medicina nuclear [MED]

      Medicina que emprega as substancias radioactivas para establecer diagnósticos, por medio de técnicas de imaxe, ou como tratamento, nos casos en que se quere destruír tecidos enfermos.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao núcleo da célula.

  3. arte nuclear [ARTE]

    Movemento pictórico xurdido en 1951 en Milán, de man de Enrico Baj, Sergio Dangelo e Gianni Bertini. Desenvolveuse como unha arte de vangarda, caracterizada pola importancia que outorgaba ao Universo subatómico e subhumano. Rexeitou a abstracción xeométrica, por considerala allea ao ser humano e optou pola abstracción informal. O recurso á enerxía como produto da era atómica levou a estes artistas á experimentación técnica, próxima á action painting, á frottage, á colaxe ou ao tachismo, que só nalgún deles se manifestou a través dunha obra figurativa. Dos seus representantes destacaron Gianni Colombo, Piero Manzoni ou Lucio Del Pezzo. As súas ideas recolléronse no Manifesto programmatico (1952), Contra lo stile (1957) e na revista Il Gesto (1955-1959). O grupo disolveuse en 1960.

Palabras veciñas

nucle(i/o)- | nucleación | nucleado -da | nuclear | nuclearización | nuclease | nuclei-