núcleo
(
-
s
m
Parte principal ou central dunha cousa ao redor da que se desenvolven ou rexen os demais elementos.
-
[FÍS]
-
s
m
Parte do átomo en que se concentra case toda a súa masa (99,9%) e toda a carga eléctrica positiva. O núcleo atómico está formado por protóns e neutróns (nucleóns), unidos entre eles polas forzas nucleares. Segundo a proporción de protóns e neutróns, o núcleo pode ser estable ou inestable; neste último caso desintégrase. Na natureza hai 274 tipos de núcleos (núclidos) que son estables, e coñécense máis de 1.500 inestables. O número atómico dun elemento químico é recoñecido como igual ao número de cargas positivas do núcleo.
-
núcleos espello
Parella de núcleos atómicos constituídos polo mesmo número total de nucleóns, pero de tal xeito que o número de neutróns dun é igual ao de protóns do outro.
-
s
m
-
s
m
[BIOL]
Glóbulo esférico ou elipsoide que contén case todo o ADN da célula polo que porta a chave xenética e é o centro de información que dirixe as sínteses celulares. É unha esfera de 5 a 25μ onde se distinguen a membrana nuclear, só en células eucariotas, o nucléolo, o retículo nuclear e o nucleoplasma. A membrana nuclear, de 200 Å de grosor, ten dúas capas perforadas por poros de 500 Å e separados por un espazo que comunica co protoplasma polo retículo endoplasmático. O núcleo pode ser único ou dobre; o retículo nuclear está formado polos grans de cromatina e polos cariosomas ou grans máis voluminosos; o nucleoplasma ou cariolinfa baña todo o núcleo, é incoloro e un pouco acidófilo. O núcleo encóntrase en case todas as células vexetais e animais, e está formado por seis clases de substancias: ácido desoxirribonucleico, ácido ribonucleico, proteínas, lípidos, conxuntos inorgánicos, protaminas e histonas. O seu pH varía de 7,6 a 7,8 e prodúcense nel mudanzas importantes durante as divisións celulares (mitose, meiose).
-
s
m
[XEOL]
Esfera central da terra que se sitúa baixo a descontinuidade de Gutemberg, que a separa do manto. Esténdese por debaixo dos 2.900 km e representa o 16% do volume e o 32% da masa terrestre. A súa densidade é de 9,8 baixo a descontinuidade de Gutemberg e de 13,6 no centro da Terra. As ondas primarias P tratan de penetrar o núcleo externo nun descenso brusco da velocidade, e as ondas secundarias S non se propagan dentro del, o que suxire un núcleo externo esencialmente fluído. A 5.100 km unha descontinuidade sísmica feble separa o núcleo externo dun núcleo interno sólido. Por analoxía cos sideritos, inicialmente supúxose que o núcleo estaba composto de ferro cun 6% de níquel, non obstante actualmente crese que con esta composición tería unha densidade máis alta da real e suponse que contén ata un 20% de elementos máis lixeiros (silicio e xofre).
-
-
s
m
Lugar onde se concentran cousas, persoas ou actividades.
-
núcleo industrial
[ECON]
Lugar onde se concentra predominantemente a industria. As súas características son determinadas por diversos factores como a facilidade de comunicación, a proximidade das materias primas, a abundancia de man de obra especializada ou barata, as facilidades arancelarias e a vontade do poder político.
-
núcleo de poboación
Asentamento humano que se caracteriza pola agrupación dun número mínimo de edificacións contiguas que forman rúas, prazas ou calquera outro tipo de vía urbana.
-
núcleo urbano
Sector primitivo dunha cidade ao redor da que esta se expandiu. En Europa, os núcleos urbanos pasaron de ser os lugares habitados a ser zonas de comercios e oficinas, feito que transformou a zona arquitectónica e urbanisticamente e orixinou problemas de conservación.
-
s
m
-
s
m
Persoa ou cousa que se converte no centro de atención.
-
s
m
-
Grupo de individuos cunha especial cohesión social, ideolóxica ou política.
-
Grupo primitivo ao lado do que se van agrupando outros.
-
-
[ANAT]
-
s
m
Masa de substancia gris no sistema nervioso central.
-
núcleo amigdaloide
Núcleo de substancia gris situado no extremo lateral do corno descendente do ventrículo lateral do cerebro.
-
núcleo caudal
Núcleo de substancia gris que se sitúa na zona frontal e esferoidal do ventrículo lateral.
-
núcleo dentado
Núcleo que ten forma dun anel sinuoso que se sitúa na parte máis interna da substancia cerebral.
-
núcleo lenticular
Núcleo de substancia gris situado por fóra e por debaixo do núcleo caudal.
-
núcleo polposo
Núcleo de substancia elástica e xelatinosa.
-
núcleo vermello
Núcleo de substancia gris que ocupa a parte máis anterior do pedúnculo cerebral, atravesada de arriba cara a abaixo por feixes radiculares do nervio motor ocular común, e á que van parar as fibras do pedúnculo cerebral superior.
-
s
m
-
s
m
-
Parte ou masa compacta de certas cousas.
-
[ARQUEOL]
Parte central dun sílex ou doutra pedra utilizada para realizar instrumentos prehistóricos, a partir do que se cortan os bifaces.
-
-
s
m
[ARQUIT]
Piar en que se encaixan os chanzos dunha escaleira de caracol.
-
s
m
[FÍS]
Parte dun reactor nuclear en que está o combustible.
-
s
m
[MAT]
Subconxunto de A, nun morfismo f entre os conxuntos A e B, formado por todos os elementos dos que a imaxe é o elemento neutro de B. Acostúmase representar o núcleo dun morfismo f cos símbolos Nuc f ou ben Ker f. Un morfismo f é inxectivo se, e só se, o Nuc f contén como único elemento o elemento neutro de A.
-
núcleo de condensación
[METEOR]
Partícula pequena, lixeiramente higroscópica, que por regra xeral abunda na troposfera e sobre a que se depositan as moléculas de vapor de auga cando o contido de vapor do aire está próximo ao punto de saturación.
-
núcleo magnético
[ENX]
Parte do circuíto magnético dun electroimán, dun transformador ou de calquera máquina eléctrica, ao redor do que hai un enrolamento. Xeralmente é de material ferromagnético. Para altas frecuencias e en circuítos electrónicos diversos, dispositivos de memoria e outros, empréganse núcleos de ferrita.