nucúlido -da

nucúlido -da

(< lat científico Nucula)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos nucúlidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco da familia dos nucúlidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de moluscos bivalvos, da subclase dos protobranquios, que teñen a cuncha cunha dobre serie de dentículos moi agudos; o corpo é subtriangular, de pé moi groso e cunha branquia bipinnada a cada banda. Habitan nos fondos lamacentos do Mediterráneo e do Atlántico.

Palabras veciñas

Nucula | nuculáneo | nucular | nucúlido -da | nuculoso -sa | nudez | nudi-