nuer

nuer
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo nuer ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo nuer.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo negro africano de raza nilótica que habita na rexión do alto Nilo, no actual Sudán. Constitúen unha sociedade patriarcal de gandeiros nómades de bóvidos, que practican a pesca fluvial como actividade complementaria da economía.

  4. s m [LING]

    Lingua nilótica do phylum nilo-sahariano que fala o pobo nuer.

Palabras veciñas

nudicaule | nudismo | nudista | nuer | Nuestra Obra | Nueva Aurora | Nueva Aurora