Nueva Planta, Decretos de
Nueva Planta, Decretos de
Conxunto de disposicións ditadas por Filipe V entre 1707 e 1716, polas que abolía a antiga organización constitucional dos estados que integraban a coroa aragonesa, e establecía, dunha maneira máis ou menos completa, a organización política propia de Castela. Como consecuencia da vitoria que conseguira en Almansa (1707), Filipe V decidiu a abolición do réxime constitucional dos reinos de València e de Aragón, que foron integrados, en calidade de provincias, no goberno e nas leis de Castela. Foron consecuencia do afán centralizador do monarca e xurdiron como resposta ao apoio das institucións aragoneses ao arquiduque Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión.