Numenius
Numenius
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves caradriformes, da familia dos escolopácidos, que presentan o peteiro longo e moi curvado cara a abaixo e a plumaxe de cor cremosa no dorso e o ventre de cor branca. A este xénero pertencen diversos tipos de mazaricos, como o mazarico galego ou o mazarico curlí, entre outros.