nundinal

nundinal

(< lat nundinale)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás nundinas.

  2. letras nundinais [CRON]

    Oito primeiras letras do alfabeto latino -do A ao H- que figuraban escritas ao lado de cada un dos días do ano no calendario romano. Estaban repetidas, cunha orde invariable, desde o primeiro de xaneiro (sinalado cun A). Estritamente, a letra nundinal por excelencia era a que indicaba o día nundinal ou de mercado, e que difería dun ano a outro.

Palabras veciñas

nuncupación | nuncupativo -va | nuncupatorio -ria | nundinal | nundinas | Nuneaton | Nunes