Nuremberg, Proceso de

Nuremberg, Proceso de

Xuízo que se celebrou en Nuremberg por un tribunal militar internacional contra 24 membros do Partido Nazi e oito organizacións acusadas de crimes de guerra (20 de novembro de 1945-1 de outubro de 1946). O veredicto condenou a ser aforcados a Hermann W. Göring, Joachim von Ribbentrop, Alfred Rosenberg, Hans Frank, Wilhelm Frick, Julius Streicher, Fritz Sauckel, Arthur Seyss-Inquart, Ernst Kaltenbrunner, Wilhelm von Keitel e Alfred Jodl. Foron sentenciados a prisión Karl Dönitz, Erich Raeder, Konstantin von Neurath, Walter Funk, Albert Speer, Baldur von Schirach e Rudolf Hess. Foron absoltos Horace G. H. Schacht, Hans Fritsche e Franz von Papen, e catro organizacións foron condenadas: o Partido Nazi, a Gestapo, as SS e o SD (Servizo de Seguridade). O veredicto permitiulle á ONU definir o delito de xenocidio.