nutación

nutación

(< lat nutatĭōne)

  1. s f [ASTRON]

    Pequeno movemento de oscilación do eixe da Terra que se sobrepón ao movemento de precesión. Por causa do movemento de precesión, cada un dos polos do eixe da Terra (coordenadas astronómicas) describe, sobre a esfera celeste, unha liña circular arredor do polo da elíptica. Se só existise a nutación, cada polo do eixe da Terra describiría unha elipse, cuxo semieixe maior sería de 9,21’’ e o semieixe menor de 6,86’’.

  2. s f [BOT]

    Cambio espontáneo e rítmico da posición dun órgano vexetal, causado polo crecemento desigual alternante dos seus dous lados.

  3. s f [FÍS]

    Movemento harmónico, nun corpo en rotación, en xeral de forma elíptica, que describe o eixe de xiro arredor da súa traxectoria mediana de precesión.

  4. s f [MED]

    Acurtamento do promontorio na sínfise púbica por rotación do sacro arredor dun eixe que pasa polo segundo tubérculo conxugado.

  5. s f [PAT]

    Oscilación da cabeza, propia do tremor senil.