Nyctalus

Nyctalus
[ANIMAL]

Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos vespertiliónidos, que presentan as orellas anchas, curtas e arredondadas, o fociño ancho, coas ás longas e estreitas e o pelame denso e suave. Habita en bosques claros e campos de cultivo e migra no outono. En Galicia está presente a especie Nyctalus noctula.

Palabras veciñas

Nyasa | Nyasalandia | Nyctalis | Nyctalus | Nyctea | Nyerere, Julius Kambarage | Nyeri