Nystad, Tratado de
Nystad, Tratado de
Acordo de paz asinado en Nystad, en Finlandia, o 10 de setembro de 1721. Puxo fin á Guerra Nórdica entre Suecia e Rusia. Suecia cedeulle a Rusia Ingria, Estonia, a illa de Ösel, Livonia, Carelia oriental e unha parte de Finlandia, con Viipuri. Supuxo a substitución do poder sueco polo ruso no Mar Báltico.