2 o, a
(< lat ĭllu, ĭlla)
-
art det
Diante dun substantivo designa en xeral todos os individuos dunha mesma clase ou especie.
Ex: O home é un ser racional. Daquela o carballo era moi abundante.
-
art det
Diante dun substantivo presenta algo ou a alguén xa coñecido.
Ex: Tes que deixarme o libro. Aluguei a casa. Roubáronlle o bolso. OBS: O artigo determinado o, a, os, as, denominado tamén primeira forma do artigo, presenta as variantes alomórficas lo(s), la(s), denominadas segundas formas. Estas son de uso obrigatorio tras a preposición por (polo(s), pola(s)) e do adverbio u (u-las fotos?). Ademais estas formas tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos: a) despois de infinitivo, das formas verbais conxugadas que rematan en en -r ou en -s e dos pronomes enclíticos nos, vos e lles (vou colle-los cartos, ti non sábe-la canción, colléulle-las chaves, tomóuno-lo pelo); b) despois dos pronomes tónicos nós e vós cando van seguidos dunha precisición numérica (imos nó-los dous e vó-los cinco); c) despois de ambos, entrambos e todos, cos seus femininos, da preposición tras e da conxunción copulativa (e) mais (fixérono ámbalas dúas, compuxerona entrámbolos dous, fun tódolos días e tódalas noites, está trala árbore, estiven eu mailo sobriño de Pepe). O artigo determinado contrae coas preposicións a, de, en e con dando lugar ás formas ó(s), ao(s), á(s); do(s), da(s); no(s), na(s) e co(s), coa(s), e coa conxunción comparativa ca dando lugar ás formas có(s), cá(s), ca o(s), ca a(s).