Oliver Twist

Oliver Twist
[LIT]

Protagonista da novela de Charles Dickens The Adventures of   Oliver Twist (1837-1838). A novela, aparecida inicialmente como folletín, describe con realismo os ambientes escuros dos barrios londinenses da época, e o personaxe aparece representado como un rapaz maltratado por este clima de pobreza e horror. Escrita en plena revolución industrial e coincidindo coa época da expansión dos xornais, dela fixéronse numerosas adaptacións cinematográficas e teatrais.