opilión, opilioa
opilión, opilioa
-
adx
Relativo ou pertencente aos opilións.
-
s
m
[ANIMAL]
Arácnido da orde dos opilións.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de arácnidos, que teñen entre 1 e 20 mm e presentan opistosoma asentado e claramente segmentado, ademais de patas motoras moi longas e finas, ao igual que os seus pedipalpos. A súa adaptación ecolóxica é amplísima e pódense considerar cosmopolitas, aínda que son preferentemente higrófilos. Son carnívoros e comprenden case 2.200 especies.