opinión

opinión

(< lat opinĭōne)

  1. s f

    Idea ou xuízo que se pensa sobre algo ou alguén.

    Ex: Non teño unha opinión moi clara sobre ese tema.

    1. s f

      Concepto que se ten dunha cousa cuestionable.

      Ex: A túa opinión é tan válida como a miña.

    2. s f [FILOS]

      Tipo de coñecemento, que se sitúa entre a ciencia (episteme), o coñecemento propiamente verdadeiro, e a ignorancia (agnoia), que implica un xuízo sobre a aparencia. Está vinculado intrinsecamente á doutrina platónica do mundo intelixible, en contraposición ao mundo da realidade sensible, e no concepto filosófico de opinión (doxa) queda sempre aberta a posibilidade de que a afirmación contraria sexa a verdadeira.

    3. opinión pública [SOCIOL]

      Estado de consciencia colectiva dunha comunidade que pode ser (ou non) areposta a un feito-estímulo determinado. O coñecemento da opinión pública foi un sistema eficaz de orientación da propia política e a posibilidade de controlala é un factor aínda máis prezado. A redefinición do concepto relacionouse con boa parte dos estudos sobre os efectos sociais da comunicación de masas, co control dos medios de información e coa existencia de monopolios.

    4. opinión teolóxica [RELIX]

      Doutrina teolóxica que non foi aceptada como dogma nin como artigo de fe e que tampouco corresponde ao maxisterio eclesiástico, aínda que adoita ir ligada, como explicación ulterior dun punto concreto, a algunha doutrina recoñecida oficialmente.

  2. s f

    Concepto que se ten dunha persoa.

    Ex: A boa opinión que tiña del cambiou cando se negou a axudarme.

Refráns

  • Cada cabeza, a súa sentencia.
  • Cada un pensa de si o que eu penso de min e o que ti pensas de ti.
  • Cada un ten o seu parecer cando é mester.
  • Despois de comer e beber, cada un dá o seu parecer.
  • Os homes xulgan mellor as cousas alleas cás súas mesmas.
  • Tres mulleres, trinta pareceres.