Organización de Consumidores e Usuarios

Organización de Consumidores e Usuarios
Nome científico: [OCU]

Asociación fundada en 1975 de carácter privado, independente e sen ánimo de lucro. O seu principal obxectivo é a información e atención dos consumidores así como a defensa dos seus intereses. Está integrada no grupo EUROCONSUMERS (Consumidores de Europa) e nos principais organismos de representación internacional de consumidores. Conta con publicacións periódicas de información xeral, como OCU-Compra Maestra, Dinero y Derechos e OCU-Salud, e boletíns financeiros, Dinero Quince e Dinero y Fondos.