oasis
oasis
(< lat oăsis < gr ὅασις)
-
s
m
-
[XEOG]
Illote de cultivos e de poboación sedentaria, situado nun deserto, que está determinado pola existencia de auga que pode provir, segundo as circunstancias físicas, de capas freáticas, dun pozo, dunha fonte, dun uadi ou dun río.
-
Lugar ou espazo agradable para descansar que se atopa illado no medio doutro inhóspito e ermo.
-
[XEOG]
-
s
m
Lugar ou período de tempo que permite un repouso físico ou psíquico no medio dunha situación difícil ou de esforzo físico.