obituario -ria
obituario -ria
(< óbito)
-
adx
Relativo ou pertencente ao óbito ou á defunción.
-
s
m
-
[RELIX]
Libro onde se rexistran as defuncións dos membros das parroquias. Aínda que existen libros anteriores ao Concilio de Trento, foi neste concilio (1563) cando se obrigou a todos os reitores a levar este libro que, xunto co de bautismos e o de casamentos, se coñece como libro de sacramentos. OBS: Tamén se denomina libro de óbitos.
-
Rexistro de defuncións.
-
[RELIX]
-
s
m
Sección necrolóxica dun xornal ou dunha revista.