obsesión

obsesión

(< lat obsessiōne)

  1. s f

    Idea, palabra ou imaxe que se apodera da mente con persistencia.

    Ex: Conseguir ser campión converteuse nunha obsesión.

  2. s f [PSIC]

    Perturbación anímica que se produce por unha idea, palabra ou imaxe persistente que se impón con independencia da vontade e que só con dificultade pode ser eliminada da mente. Entre os diferente tipos están as intelectuais, as impulsivas e as inhibidoras. Acompañada de plena consciencia, a obsesión é propia de diversas neuroses e un dos síntomas da psicastenia. Para a psicanálise, a obsesión actúa como un mecanismo de defensa ao intentar afastar da conciencia o desexo inaceptable. Para os psicanalistas freudianos é unha regresión aos estados prexenitais.