obsidional
obsidional
(< lat obsidionāle)
-
adx
Relativo ou pertencente ao asedio dun lugar.
-
coroa obsidional
coroa obsidional.
-
moeda obsidional
[NUMIS]
-
Moeda de necesidade acuñada en tempos de guerra para circular especialmente nunha cidade ou unha praza forte asediada e, polo tanto, illada e imposibilitada de recibir os aprovisionamentos e as axudas normais do exterior. Fabricábase tanto nunha ceca oficial regular como nunha ceca provisional, e mesmo nunha de emerxencia.
-
Toda moeda de necesidade, aínda que non se produza en condicións de asedio.
-