Oca
Oca
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae por armas, en campo de ouro, un piñeiro de sinople e un lebrel no seu tronco. Outra variante trae, en campo de prata, un piñeiro de sinople e un oso atravesado e atado ao tronco. Enriba da copa do pino, un sol de goles, e a cada lado, unha estrela da mesma cor. Outra trae, en campo de azul, un piñeiro ao natural, situado nun monte de sinople, e un lobo de prata atravesado e atado ao tronco do piñeiro.