occidentalismo

occidentalismo

(< occidental)

  1. s m

    Afección pola vida e a cultura dos pobos occidentais.

  2. s m [HIST]

    Movemento reformador ruso que se desenvolveu en tempos do Tsar Nicolao I de Rusia. Os occidentalistas (Čaadajev, Herzen, Belinskij), ao contrario dos eslavófilos, pensaban que o Imperio Ruso tiña que seguir a escola occidental tomando o máis moderno da mesma (organización administrativa, laicismo) e non copiala servilmente. Como consecuencia da Revolución de 1848, a policía tsarista perseguiu ferozmente os occidentalistas, de xeito que o movemento desapareceu.