ocelo

ocelo

(

  1. s m [ZOOL]

    Orgánulo fotosensible propio de diversos grupos de animais pluricelulares, que está formado por un grupo de células fotorreceptoras agrupadas nunha estrutura en forma de copa envolta parcialmente por unha capa pigmentada. Os ocelos aparecen nos cnidarios de tipo medusa, e hainos en case todos os tipos de invertebrados, nos que, ás veces, alternan con algún outro tipo de estrutura fotosensible. Permiten detectar a luz, mesmo medir a súa intensidade e dirección e, ás veces, a cor, pero non detectan imaxes. OBS: Tamén se denomina ollo simple.

  2. s m [ZOOL]

    Mancha redonda cunha zona central de cor diferente que poden ter as ás, especialmente nos insectos.

Palabras veciñas

oceanolóxico -ca | ocelado -da | ocelar | ocelo | Ocelo, O | Ocelo, O | ocelote