ocio
(< lat otĭu)
-
s
m
Situación que se caracteriza por permanecer sen ningunha ocupación nin actividade que se considere proveitosa ou útil.
Ex: Era un vividor sumido no ocio que cumpría os seus caprichos a conta de seus pais.
-
s
m
[SOCIOL]
Tempo libre de que dispón un individuo para realizar actividades non relacionadas co traballo remunerado, nin equiparables ás propias obrigas ou ocupacións. Vincúlase co desenvolvemento integral da persoa mediante a realización de actividades que permiten distanciarse do traballo e requiren tantas ou máis destrezas, pero estimulan a creatividade e producen un descanso reparador. A súa progresiva xeneralización, converteu o ocio en obxecto de estudo nos tratados de socioloxía, como Vers une civilitation du loisir (1962), de Joffre Dumazedier. OBS: Tamén se denomina lecer.
-
s
m
Actividade lúdica que se adoita facer no tempo libre.
Ex: O seu ocio era pasar as horas escoitando música.
Refráns
- A ociosidade é a nai de tódolos vicios.