ockhamismo
ockhamismo
(
s
m
[FILOS]
Corrente filosófica, especialmente difundida entre os ss XIV e XV, que derivou e tomou o nome de Guillerme de Ockham. Variante da escolástica, contrapúxose ao escotismo e ao tomismo e defendeu a separación entre razón e fe. Incluía pensadores, moi influídos por Ockham, preocupados por protexer ao Deus cristián de toda racionalización humana, e por cultivar con independencia unha lóxica nominalista e un experimentalismo cosmolóxico que aportaran valiosos descubrimentos fisicomatemáticos. Destacan A. Woodham, R. Holkot, G. de Rimini, J. de Mirecourt, N. de Mirecourt, J. Buridan, A. de Saxe, N. de Oresme e M. D’Inghen.