ocre
ocre
(< lat ochra < gr ὤχρα)
-
adx
Que presenta unha cor tirando a amarela ou vermella escura.
-
s
m
Cor terrosa, tirando a amarela ou vermella escura.
-
s
m
[MINERAL/QUÍM]
Nome xenérico dun certo número de materiais terrosos, pulverulentos, que se empregan como pigmentos. Están constituídos esencialmente por óxidos férricos hidratados, mesturados con proporcións variables de arxila e de area. Os ocres son amarelos, castaños ou vermellos. Xeralmente, os amarelos e os castaños son variedades de limonita (ocre amarelo), e os vermellos, de hematites (ocre vermello). Tamén hai outros ocres de cor máis ou menos amarela, como o de antimonio ou o de bismuto.