octeto

octeto

(

  1. s m [MÚS]
    1. Composición musical para oito instrumentos ou para oito voces. Entre os máis coñecidos hainos para corda solista (Mendelssohn e Enescu), para corda e instrumentos de vento (Spohri e Schubert) e para instrumentos de vento só (Beethoven).

    2. Conxunto de oito músicos.

  2. s m [INFORM]

    Signo codificado de oito cifras binarias, que permite expresar 256 (2 8 ) caracteres na gravación e no tratamento de datos.

  3. octeto electrónico [QUÍM]

    Conxunto de oito electróns que, segundo a teoría do enlace de Gilbert Newton Lewis, os átomos tenden a completar mediante a formación de enlaces covalentes para acadar a estrutura de gas nobre.