Octopus

Octopus
[ANIMAL]

Xénero de moluscos cefalópodos, da familia dos octópodos, que se caracteriza por presentar a cabeza grande, na que destacan os ollos e o sifón. Posúen oito brazos con dúas fileiras de ventosas que lles permiten ancorarse ao substrato. As súas dimensións varían desde uns 30 cm ata os 3 m, e teñen o corpo con forma de globo, algo comprimido e rugoso. Presentan mandíbulas córneas moi potentes en forma de pico. Viven preto das costas, en zonas rochosas, son moi voraces e paralizan con veleno os moluscos e peixes dos que se alimentan. Nas costas galegas poden atoparse as especies O. vulgaris (polbo común), moi empregada na cociña tradicional galega, e O. salutti, de maior tamaño que a anterior.